Lyrics to Resistirei
Pensabas que o mundo era libre,
e a xustiza xusta e agora semella
que xa nada che importa,
que vives asustado,
que nada ten sentido,
que todo é unha caixa de grilos.

Primeiro foron por eles
coa fachenta dos impunes
dos que mexan nos mortos que fican nas cunetas
torturados e mercados cantaron coma grilos
entre eles traizoados e vendidos.

Despois, viñeron por nós
infiltraron un sin paio
pra ver quen coñecía,
pra ver o que sabía,
e so sei unha cousa
que sempre tiven clara, denantes mortas que escravas (x4)

Primeiro, borráronnos da historia
falsearon a memoria
despois foi día a día
coa critica e a mentira
nós con cornos e con rabos
e axudándose do medo
fixeron un pobo de cegos

E si, somos unha patria
na zona asoballada
e somos perigosas na súa maldita España
vivimos por un soño
morremos pola causa
e sempre daremos batalla

Resucitar na tempestade eu neste barco non naufragarei, resisterei á súa cobiza,
sempre morreremos de pé.
resucitar na tempestade eu neste barco non naufragarei, resisterei á súa cobiza,
resisterei

Saben que somos tenaces
que nunca pararemos
batemos co seu muro pero non nos detemos
porque con cada golpe
facémonos máis fortes atacamos polas costas e de fronte

Si sabemos gañar e sabemos perder
mais o noso destino é a nosa liberdade
somos unha irmandade e unha fraternidade
patria socialismo e barbarie

Resucitar na tempestade eu neste barco non naufragarei, resisterei á súa cobiza,
sempre morreremos de pé.
resucitar na tempestade eu neste barco non naufragarei, resisterei á súa cobiza,
resisterei.

(Gracias a Julia por esta letra)
Songwriters:
Publisher:
Powered by LyricFind