Lyrics to Pepa
Pepa Video:
Na vida me vai pasar
a primeira vez que a vin,
tiña aqueles ollos grandes
dentro deles me perdín.

Uns poucos días despois
volvémonos atopar
e naquela mesma noite
durmiuse na miña man.

E que na vida me vai pasar...

Ao vir a mañá lembrei
o daquel porto de mar,
eu quería que quedara
ela non quería marchar.

E o que tivo que pasar
para escreber esta canción,
unha tarde que chovía
a miña beira deixou.

Deixoume naquel serán
sen ningunha explicación,
só pensar naquela noite
encólleme o corazón.

Pero como a nosa historia
non foi nun porto de mar,
non pasou verán nin inverno
Pepa voltou coa mañá.
Songwriters:
Publisher:
Powered by LyricFind