Lyrics to Desde O Altar
Desde O Altar Video:
A golpe de entoar cantos de sorte
facemos resoar ecos faltos de savia pra avivar
a forza de enxalzar tanto desnorte
abrimos paso a espantos e a quebrantos
e a mil contos por contar
gurús que perpetúan mitos de noites
que son de pedra, avanzan como a hedra
e que só medran porque os deixamos medrar

E o medo espera moi paciente
e non sucumbe ao desalento
e hai unha sombra en cada esquina
preparada prometendo amparo
a todos os paxaros que alí queiran aniñar

A falta de campás tocando morte
mantemos estadistas con coristas
que nos guían pra bailar
un son de aburrimiento e de remolques
que cargan coa indolencia e a indecencia
e encantados de acatar
seguimos a portar sombras de onte
que son de pedra, avanzan como a hedra
e que só medran porque as deixamos medrar

E o medo espera moi paciente desde o altar
e non sucumbe ao desalento desde o altar
e hai unha sombra en cada esquina
preparada prometendo amparo
atodos os paxaros que ali queria aniñar

Que o medo non coñece a presa dese o altar
e asexa cómodo e sorrinte desde o altar
coa seguranza do que avanza
fachendoso e con alardes
nun sendeiro de covardes que o veneran ao pasara

Rebeldes estadeas toman o monte
ruxindo sen mesura na procura
dunha vida pra habitar
que as poida liberar e que desmonte
a farsa dos censores e os temores
e debemos aspirar
a ser un forte mar rompendo as pontes
que son de pedrra, avanzan como a hedra
e que só medran porque as deixamos medrar.


(Gracias a Ángeles por esta letra)
Songwriters:
Publisher:
Powered by LyricFind