Co Sorriso Ante A Malicia Lyrics

Ses

Opoñerse Á Extinción

Lyrics to Co Sorriso Ante A Malicia
A onde fuxir? A onde escapar?
Onde encontrar un resto de cordura?
E a quen podemos apelar?
Para esixir o final da tortura?

Cando é o momento de cargar
e disparar?
Decisión miña ou súa?
E hai outra forma de operar
compatíbel coa cultura?

Como aferrarse á opinión
de que a palabra é o misil pertinente?
Como facer que a ilusión
teña cabida no presente?

E de que nos serve a indelección
en corpos que non teñen sangue quente?
E cando foi que a outra versión
abandonou o continente?

Como podemos descolar
as bocas que precintou a desidia?
Pódese aínda recuar,
ou hai que crer no imperio da impericia?

E a acción en filme de Van Danme,
a voz fuxiu de viaxe con Alicia
E hai que avivar o ben moral
co entusiasmo da milicia
co entusiasmo da milicia

E co entusiasmo da milicia
e co poder da diversión,
coa fondura da caricia.

E co abrazo da elección,
coa esixencia de ledicia,
co orgullo da paixón,
co sorriso ante a malicia.

E por quen pedir? Por quen loitar?
Cal é, de certo, un alma imprescindíbel?
Con quen debemos negociar,
a importancia do rendíbel?

Onde podemos ir buscar?
O denodo da mente redutíbel?
E segue a existir o talismán
que nos une ao invisíbel?

Como sabemos se a función
substituíu a vida para sempre?
Se hai na seguinte xeración
un pesticida que borre o evidente?

Xa sen marxe de actuación,
sen fruito para a semente.
Ante a inminencia da detonación
hai que deixar ver os dentes,
hai que deixar ver os dentes

E hai que deixar ver os dentes
e opoñerse á extinción,
bombear o sangue quente

E encomendarse á submisión,
desafiar o decadente
co amparo do bastión,
coa ousadía da valente

Co entusiasmo da milicia
E co entusiasmo da milicia
e co poder da diversión,
coa fondura da caricia.

E co abrazo da elección,
coa esixencia de ledicia,
co orgullo da paixón,
co cagarse na inmundicia
co sorriso ante a malicia

Co sorriso ante a malicia
co sorriso ante a malicia
co sorriso ante a malicia,
co sorriso ante a malicia...
Songwriters:
Publisher:
Powered by LyricFind